Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Novidosas sinalizacións lumínicas para pasos de cebra no Concello de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar a mellora viaria, con sinalizacións lumínicas en pasos de peóns non regulados por semáforos, que empezará a funcionar o 26 de xullo co acendido das 42 novas farolas ubicadas en 32 puntos estando tamén operativos xa dende semanas atrás os 1.800 catadióptricos instalados nos 340 pasos de cebra da cidade.  





“Trátase dun novo servizo para a cidade moi novidoso, pois non coñecemos outra cidade que o teña, o cal combina iluminación con farolas e catadióptricos, e que contribuirá a que estes pasos de cebra sexan máis visibles e estean mellor sinalizados”, indicou o rexedor municipal sinalando tamén que “para levar a cabo ...