Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O abril con máis cotizantes en década e media marca outro mínimo de inscricións no paro en Galicia

Malia un crecemento menor á media do Estado, onde se acadan os 21 millóns de cotizantes, a afiliación media á Seguridade Social en Galicia é a mellor nun mes de abril dende a caída de Lehman Brothers en 2008. A CIG ve o mercado laboral marcado pola temporalidade, UGT resalta a súa redución grazas á reforma laboral. O Goberno galego do PP congratúlase duns datos de paro rexistrado que considera "histórico" mentres a dirección central do PP os atribúe á "maquillaxe"