Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O aire das áreas de Vigo e A Coruña supera os límites legais de contaminación da UE para 2030

A Xunta non rebate os datos do novo informe de Ecoloxistas en Acción, elaborado con datos das propias estacións da Adminitración. O informe destaca que, a pesar da mellora na calidade do aire nos últimos anos, toda a poboación de Galicia seguiu respirando un aire prexudicial para a saúde segundo as recomendacións da OMS. Ademais, estímase que case 750,000 persoas, o 28 % da poboación, estiveron expostas a niveis de contaminación superiores aos novos límites legais aprobados para 2030 nas aglomeracións urbanas das comarcas da Coruña e Vigo. Por outra banda, a totalidade do territorio galego estivo libre de niveis de contaminación por ozono que danasen a vexetación.