Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O central Diego Felices, reforzo do Arosa para o final de liga

A semana comezou con fichaxe no Arosa, que pechou a incorporación do defensor Diego Felices coa intención de reforzar ao equipo na fase final da tempada, na que se xogará a súa continuidade na Segunda RFEF.



Felices é un defensa central de 19 anos que procede do desaparecido Extremadura, club co que esta campaña iniciou a súa etapa sénior na súa filial da Terceira RFEF pero que terminou debutando en Primeira RFEF antes da liquidación do club.



"A disolución da entidade estremeña permitiu que o Xuíz de Competición determinase que había un prazo de 20 días para que todos os futbolistas que quedaban sen traballo atopasen acomodo. É unha circunstancia especial", explicou sobre a fichaxe o director deportivo arosista,...