Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Club Lemos preséntalle o seu proxecto de futuro ao Alcalde de Monforte

O novo presidente do Club, Antonio López, que foi elixido polos socios o pasado sábado 18 de xaneiro de 2025, acudiu á Casa do Concello acompañado da nova directiva para presentarlla ao Alcalde monfortino.





Na xuntanza, na que estivo tamén a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, os membros do novo equipo directivo do Club Lemos explicáronlle a José Tomé o seu proxecto de presente e de futuro para esta entidade deportiva, cuxo equipo de fútbol masculino milita actualmente no grupo 1-norte da Preferente Galicia.





O rexedor monfortino manifestou o seu apoio ao club, que se materializa cunha axuda anual de 18.000 euros, e desexoulle á nova directiva e ao seu presidente os maiores éxitos deport...