Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Concello cualifica de “éxito” a XX edición do Arde Lucus

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo este martes un balance “moi positivo” da XX edición do Arde Lvcvs que definiu como un “éxito”. A festa de recreación histórica tivo lugar dende o pasado xoves ata o domingo, e “houbo xente” pero non “aglomeracións” sinalaba a rexedora, que tamén destacaba o bo funcionamento das actividades incluídas nunha programación 100% segura, con control de aforo, circuítos de entrada e saída ou cálculo de visitantes.


A climatoloxía non conseguiu deslucir a festa, e aínda que houbo que cambiar a ubicación dalgún acto, os asistentes acudiron de igual modo á convocatoria. A ocupación hoteleira chegou a estar preto do 88%, porcentaxe especialmente importante nun momento de dific...