Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Goberno Local reduce á metade os días de ampliación do lecer nocturno

O Goberno local decidiu reducir o número de festividades con ampliación de horario de lecer nocturno. A medida ten como obxectivo compatibilizar esta actividade e o dereito ao lecer co lexítimo e necesario descanso das persoas residentes, especialmente naquelas zonas que rexistran unha maior concentración de locais.


Coa nova normativa os  hostaleiros poderán prolongar a apertura en  seis ocasións, durante o ano: Arde Lucus, Caudal Fest, San Froilán, 12 de outubro, a madrugada de Todos os Santos e nas xornadas do Nadal. En realidade serán cinco, porque a data do 12 de outubro coincide tradicionalmente co derradeiro día das festas do patrón.


O Goberno local adecúa o número de festividades con ampliación de horario de lecer nocturno a pedimento do tecido veciña...