Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Pontevedra B cae ante o Paiosaco e descende a Preferente (1-0)

Un ano despois, o Pontevedra B regresa a Preferente tras caer diante do Paiosaco.



Foi mellor o equipo local durante a maior parte do tempo, facéndose dono do esférico consciente de que a permanencia en Terceira estaba xogo. O filial, pola súa banda, estaba practicamente condenado ao descenso.



Con todo, o conxunto pontevedrés foi capaz de manter afastado o perigo da súa meta e mesmo chegou a ter nas botas de Jaichenco o 0-1, pero ladeou demasiado e o seu disparo non atopou portería.



Despois do intermedio o dominio seguiu sendo do Paiosaco, que aumentou a presión e pasou acumular ocasión tras ocasión en área dun Pontevedra B que sacaba as castañas do lume como podía e que nada...