Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O PP de Monforte asegura que os usuarios da piscina “se queixan do peche por obras”

O concelleiro popular, José Luis Rodrígez, afirma que “estamos ante outro exemplo da nula planificación” dos traballos por parte de José Tomé. Lembra que segundo a previsión do equipo de goberno, o peche desta instalación producirase dende outubro a maio do ano que vén, nos meses de outono e inverno, datas nas que se rexistran as cifras de maior afluencia. “Queremos saber por que os traballos non se planificaron, por exemplo, de abril a outubro, datas nas que o número de usuarios descende notablemente”, explicou.





Segundo a información á que puideron acceder os concelleiros populares, parte dos traballos de reforma poderían realizarse coa piscina aberta ao público, xa que non habería que realizar obra algunha no vaso da piscina “evita...