Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona sur, Luis Fernández Guitián, comprobaron in situ que “xa non hai pavimento e a capa de rodadura desta estrada provincial vaise desfacendo dende fai semanas, e cada vez máis, polo efecto da auga”. Ademais, “ao coincidir cunha pequena pendente descendente, os vehículos tenden a frear arrastrando a grava e o firme de terra que quedou agora descuberto”.





O portavoz cre que “convén actuar canto antes para evitar que a situación empeore e que poida supoñer un perigo para os condutores dos vehículos ou para os peóns que transiten pola zona”; pero non sen antes  “revisar as tubaxes de canalización de augas na zona para comprobar que dispoñen de suficien...