Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O programa Xunt@s da Deputación chega a Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, abriu este mércores en Monforte de Lemos a conferencia Promoción da saúde e proxecto de vida, no marco do programa Xunt@s que a institución provincial está desenvolvendo nos concellos da provincia dende principios de ano. Unha charla á que asistiron unhas 70 personas e que impartiron os doutores da Real Academia de Medicina de Galicia José Luis Rodríguez-Villamil, xeriatra, e Rosendo Bugarín, médico de familia e comunitario.





José Tomé salientou o éxito deste programa de actividades gratuítas de lecer e  formación que percorrerá ata o mes de xuño 25 concellos lucenses. “Xa participaron 1.000 veciños e veciñas da provincia, o que nos dá boa mostra de que...