Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Teatro Rosalía de Castro acollerá o pleno da RAG polo Día das Letras

O pleno extraordinario co que a Real Academia Galega conmemora cada 17 de maio o Día das letras Galegas celebrarase neste 2024 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A institución indicou que nesta xuntanza se realizarán tres intervencións sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nesta edición, a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal. A sesión será de entrada libre a completar a capacidade do recinto.