Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Os 150 anos de Manuel Puga y Parga ‘Picadillo’, un supervendas da cociña galega

O 23 de abril en 1874 era bautizado na igrexa compostelá de San Fiz de Solovio Manuel Puga y Parga, alcumado Picadillo, un dos grandes gastrónomos e divulgadores da cociña galega. Cadrando co Día do Libro e o 150 aniversario do seu nacemento, o Arquivo da Real Academia Galega publica en Galiciana en copia dixital o mecanoscrito dun dos seus libros, El rancho de la tropa, saído do prelo en 1909. O volume, que contén unha serie de receitas para un menú destinado ao sustento da milicia, é un bo exemplo do inconfundible estilo do autor, accesible, irónico e vitalista. O seu xeito de escribir gañoulle unha notable popularidade, acrecentada tamén pola súa actitude transixente como alcalde da Coruña durante a folga revolucionaria de agosto de 1917....