Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Os novos Huawei Pura 70 chegan ao noso país presumindo de cámara, pero sen os servizos de Google

Huawei vén de anunciar a dispoñibilidade dos novos dispositivos da serie Huawei Pura 70 no noso país. Son tres modelos de gama alta –Huawei Pura 70, Pura 70 Pro e Pura 70 Ultra– que ofrecen unhas características de gama premium e unha cámara moi destacábel para un móbil, pero que adoecen de outras funcionalidades consideradas básicas. Os tres modelos chegan co novo procesador Kirin 9010, foramdo por dous núcleos a 2,30 GHz, seis a 2,18 GHz e catro a 1,55 GHz. A RAM queda nos 12 GB no modelo base e Pro, e sube até os 16 GB no Ultra.


O artigo Os novos Huawei Pura 70 chegan ao noso país presumindo de cámara, pero sen os servizos de Google publicouse primeiro en