Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Outro esborralle das accións da enerxética de Pontevedra EiDF ante máis dúbidas sobre as súas contas

A compañía galega de enerxía solar fotovoltaica xa pasou un momento moi delicado a primavera pasada, cando a CNMV lle abriu unha investigación por irregularidades nos seus datos financeiros e a súa cotización en bolsa chegou a ser suspendida durante meses. Agora, a súa propia auditora, deixa constancia de "dúbidas" sobre a contabilidade publicada hoxe, números de 2023 que en todo caso multiplican por oito as perdas de 2022.