Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Por fin poderán comezar a vacinarse os mariñeiros

A Xunta está a manter contactos co Instituto Social da Mariña (ISM) co obxectivo de intercambiar datos e organizar a loxística necesaria para iniciar canto antes a vacinación contra a covid-19 das tripulacións da frota galega.


As conversas entre a Consellería de Sanidade e o ente dependente do Ministerio de Seguridade Social prodúcense tras asegurar o Goberno central que a vacinación dependía da propia Xunta. Galicia confía en que nos próximos días se poida deseñar o procedemento a seguir e que “comece canto antes” a administración das doses.


A Xunta lembrou que este é un asunto no que o Executivo galego levaba solicitando desde febreiro “que se actuase con celeridade”, respectando sempre os protocolos ditados polos c...