Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Quiosco: Boletín da RAG número 383

O novo número do Boletín da Real Academia Galega está dedicado ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán. A revista contén artigos de diferentes expertos ao redor da figura de Delgado Gurriarán e o seu contexto histórico e cultural. Deste xeito, Xesús Alonso Montero aborda a poesía sociolingüística do poeta e Ramón Nicolás estuda a correspondencia do autor con Ramón Otero Pedrayo e Rodolfo Prada. O seu sobriño Ricardo Gurriarán aborda a súa biografía e Pilar Cagiao contextualiza o México de emigración e exilio ao que chega o escritor, entre outros autores. A publicación é de descarga gratuíta no web da RAG.