Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Reforzar diálogo e cooperación con autoridades locais e plantas galegas: compromisos de Rueda e Villares en Arxentina

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que acompaña ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no seu percorrido polo sur de Arxentina e por plantas pesqueiras ligadas á comunidade que traballan no país, constatou "a dimensión e forza" destas firmas, á vez que apostou por reforzar o "diálogo fluído" e a cooperación coas mesmas, así como coas autoridades locais.