Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Remontada do Teucro ante o Gáldar para alongar o soño de play-off (29-28)

Só queda unha xornada de liga e todo está por decidir na Primeira Nacional. A Sociedad Deportiva Teucro remontou diante do Gáldar-Gran Canaria e o OAR Coruña fixo o propio ante o Bueu, manténdose desta forma en segunda praza a un punto do equipo pontevedrés.



O cadro de Irene Vilaboa estaba obrigado a gañar e arrincou cun parcial de 2-0 contra un Gáldar que anotou o seu primeiro tanto pasados os cinco minutos de xogo e en superioridade numérica.



O Teucro mantivo esa pequena renda e mesmo a ampliou a tres tantos (6-3), pero un tempo morto do técnico visitante serviu para apertar as porcas aos seus xogadores e empatar no ecuador do primeiro tempo (7-7), dando paso aos instantes du...