Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

'Reseteo' granate para apurar as opcións en Abegondo, con viaxe organizada para afeccionados

O Pontevedra Club de Fútbol reármase tras a decepción sufrida o domingo ante o Ourense CF, e xa mira cara á próxima xornada de liga no feudo do RC Deportivo Fabril (domingo 28, 12.00 horas).



Trátase dun partido no que os granates estarán obrigados a gañar para apurar  as súas xa mínimas opcións de ascenso directo tentando chegar así á última xornada na casa aínda con posibilidades. Para iso ademais dos tres puntos será necesario que o Ourense non gañe o seu encontro contra o xa descendido Real Oviedo Vetusta.



En todo caso os pontevedreses tamén deben recuperar a concentración e o nivel competitivo para non deixar escapar, canto menos, a segunda praza de cara ao play-off de asce...