Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Respostas á arenga de Feijóo pola "prensa libre": "Puido empezar polos medios públicos galegos"

Defende a Galega ironiza co chamamento do líder do PP tras case seis anos de mobilización esixindo o cumprimento íntegro da lei da CRTVG e a fin da "manipulación". Ante o debate aberto no Estado, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembra que as entidades profesionais levan décadas reclamando medidas como "reformar a lexislación sobre axudas a medios e publicidade institucional" ou "estabelecer organismos reguladores da comunicación".