Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

‘Ruta Castrexa’: moteiras e moteiros de todo o estado percorrendo Lugo Sur

Moteiras e moteiros de todo o estado participarán o sábado 11 de maio na bautizada como “Ruta Castrexa”, unha proba de mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense coa colaboración das áreas de Deportes e Turismo da Deputación de Lugo.





Na proba, que puntúa para a Copa de España de Mototurismo, as moteiras e moteiros teñen que completar un percorrido de 336 quilómetros polas comarcas da Ulloa, Terras de Lemos e Ribeira Sacra. Os participantes poden escoller o itinerario máis axeitado para as súas características de condución, pasando polos controis de paso indicados pola organización nos que teñen que parar e selar os seus pasaportes de ruta: Ventas de Narón (Portomarín), Palas de Rei, Antas de...