Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

San Pedro de Parada estrea unha praza pública entre a igrexa e o cemiterio

As obras para a creación dunha praza pública en San Pedro de Parada, nas que se investiron uns 49.000 euros, xa están rematadas, segundo informa o goberno municipal de Cerdedo-Cotobade.



Esta iniciativa permitiu crear unha praza na entrada da igrexa e do cemiterio, nunha zona que é un punto importante de reunión para os veciños, que ata o de agora carecían dun espazo de esparcimento como este.



Dotouse ao lugar dunha praza pavimentada con formigón desactivado. Ademais, fíxose un pavimentado de lastras entorno ao cruceiro existente para aumentar a notoriedade do entorno.



Outras actuacións que se fixeron son a recollida de pluviais, xa que a auga da choiva invadía a estrada e ta...