Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Tomé Roca: “A Deputación seguirá tendo un Goberno progresista”

Tal e como adiantara o PSdeG provincial, a Xunta Electoral tivo que ratificar como válidos os resultados das actas oficiais de escrutinio, corrixindo os erros cometidos na transcrición de datos ao sistema informático.





“Hoxe veuse a revalidar o que sempre dixemos. En política, coma na vida, non todo vale”, destacaba o venres 2 de xuño o socialista. “O Partido Popular pensou que con artimañas e mentiras conseguiría os obxectivos que tiña fixados: o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo. Pois nin o Concello nin a Deputación. Porque os veciños e veciñas da nosa provincia coñecen ben a Elena Candia”, valorou Tomé.





Seguindo a liña de valoracións, José Tomé explicaba tamén que “o Partido Socialista a...