Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terrra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, vén de completar unha serie de actuacións para a prevención de incendios forestais no Distrito Forestal VIII Terra de Lemos, na provincia de Lugo, concretamente nos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober.





Os traballos levados a cabo consistiron en labores de repaso e adecuación de pistas ao longo duns 50 quilómetros, abranguendo unha superficie de 25,6 hectáreas. A isto sumáronse outros traballos preventivos en cortalumes, cunha superficie repasada dunhas 10 hectáreas. Para realizar estas tarefas, empregouse unha bulldozer.






O artigo