Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Un "parche" salva ás ambulancias de Vigo de quedar sen combustible

Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo urxente en Vigo, Moaña e Cangas, segue deixando moitas dúbidas en canto á súa fortaleza económica. A CIG advirte do historial do seu xestor, Carlos Simón, pero por agora a empresa logra salvar o match-ball que ía deixar ás ambulancias paradas este mércores ao lograr que unha gasolineira lles sirva combustible.