Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Un total de 45 firmas reparten 249.858 euros das axudas da Xunta á edición

O Diario Oficial de Galicia deste 24 de abril dá conta da resolución das axudas para gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais. Nesta xeira, un total de 45 firmas, dúas menos que no pasado ano, repartiron uns fondos de 249.858 euros, case 50.000 máis que na anterior convocatoria. En total, a Xunta apoia con esta liña o lanzamento de 376 obras, tanto en galego como noutras linguas. Esta cifra que supón 14 títulos menos do que na última edición.