Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Unha exposición denuncia no IES A Xunqueira I o fenómeno da moda rápida

O próximo día 13 de maio o IES Xunqueira 1 rematará a exposición "Denuncia a moda rápida pola súa participación na destrucción do medio ambiente". 



Dita exposición inaugurouse o 22 de abril, Día da Terra, coa intención do que o alumnado reflexionase sobre os seus hábitos de compra, e de como estes afectan ao noso planeta.



Os traballos expostos foron realizados polo alumnado de primeiro de Bacharelato de Artes, que aportaron unha mirada reflexiva sobre o tema con obras moi variadas e creativas.



A maiores, esta exposición estivo acompañada da actividade "troco de roupa", onde o alumnado intercambió a súa roupa mediante vales. A iniciativa foi un gran éxito.



Dende o institut...