Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Unha veciña de Cambados e o seu fillo de oito anos resultan feridos nunha saída de vía

Investíganse as causas que provocaron un accidente que se rexistraba na tarde deste martes 7 de maio no municipio de Vilanova de Arousa.



Unha muller, de 49 anos, veciña de Cambados, circulaba co seu fillo de oito anos pola estrada de Cuiña - Cambados cara a Tremoedo, cando á altura da igrexa de Santo Estevo de Tremoedo perdía o control do vehículo.



O turismo impactaba frontalmente contra o enreixado dun lateral do camposanto, chegando a introducir a parte dianteira do vehículo no recinto. 



Tanto a condutora como o menor de idade foron evacuados ao Hospital do Salnés con dor cervical e torácica.



O ...