Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Vigo encadea traxedias no medio de denuncias de falta de vivenda digna e protección social

Primeiro foi un incendio nun edificio okupado no que morreron varios nenos, despois o descubrimento dun cadáver durante o desaloxo de varios edificios de infravivendas con problemas de seguridade e onte o intento de suicidio dun home ao que ían botar do seu fogar. Unha sucesión de traxedias que prosegue mentres Xunta e Concello continúan á gresca. As traballadoras sociais municipais, que levan meses alertando denuncian falta de medios, protestan hoxe. Ademais, os activistas de Vos Ninguéns convocan unha concentración e os partidos de esquerda reclaman solucións inmediatas.