Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Vodafone actualiza as súas tarifas sociais, con máis datos e chegando a novos colectivos

Vodafone vén de anunciar a actualización das súas tarifas sociais, dirixidas a colectivos vulnerábeis, a partir deste mércores 1 de febreiro. A compañía comezou a aplicar este tipo de plans en abril de 2021 para facilitar a conectividade móbil e doméstica a colectivos afectados pola pandemia, e agora simplifica a oferta con dúas proposicións: unha de só móbil e outra converxente. Os colectivos beneficiarios desta oferta de Vodafone son as persoas menores de 30 anos en busca activa de emprego, ademais das familias que reciben o Ingreso Mínimo Vital e titulares xubilados ou pensionistas maiores de 65 anos cuxa suma