Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Xunta activa dende hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª edición do Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da quinta edición do Bono Activa Comercio, unha iniciativa dotada con 2,5 millóns de euros coa que se prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas nos establecementos de proximidade galegos, co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.


Os negocios que desexen participar nesta iniciativa levan adheríndose desde o pasado 16 de abril, e teñen de prazo para seguilo facendo ata o 1 de setembro. Mentres, as persoas consumidoras poderán descargar desde xa na web www.bonosactivacomercio.gal bonos desconto de ata 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos.


Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispo...