Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Baldo Ramos e Pepe Cáccamo expoñen en Vigo a súa poesía visual publicada

Os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) levan dez anos presentando proxectos conxuntos nos que exploran os límites da poesía visual convertendo os seus traballos en obxectos de arte plástica que xa se exhibiron en salas de exposicións antes. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética. Comezaron esta exploración en equipo editando en 2014 'CaRa inversa', dous anos despois 'librosconversos' e elaborando o primeiro proxecto expositivo 'A dobre páxina', unha proposta exclusivamente visual que se exhibiu en 2018. Agora veñen de facer isto mesmo con 'Criptografías' (Alvarellos editora, 2022), terceira publicación na que se reencontraron ...