Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Certames literarios e teatro para celebrar as Letras Galegas en Quiroga

O Concello de Quiroga ofrece varias actividades estas semanas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Concretamente, vén de presentar un certame de narración e debuxo infantil, organiza unha saída a Santiago de Compostela para ver unha obra teatral producida polo Centro Dramático Galego, e convida a vivir o día propio das letras cunha interesante obra sobre a emigración no Auditorio Municipal.





CERTAME LITERARIO




O certame de narración e debuxo infantís está convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Quiroga na súa fase local. Poden participar todos os nenos e nenas que o desexen con narracións en galego ou debuxos sobre o tema ̶...