Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a Asociación Veciñal de Saa convidan a celebrar a súa particular “Semana SAAnta”. Para iso ofrecen música, cultura e caldo no local social desta parroquia.





A programación para este día comeza ás 20:00 h. coa presentación do libro “A música dos Valladares. Retratos de familia”, de Pablo Bernárdez e con ilustracións de Hortensia Fernández. Trátase dunha escolma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron á familia Valladares Núñez...