Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

María Canosa faise co I Premio Anisia Miranda de Teatro

A primeira edición do premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, ten xa gañadora. María Canosa impúxose como vencedora do galardón coa obra Travesía unicornio, que foi seleccionada polo xurado entre as 21 propostas presentadas ao certame.