Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Verín acolle a X Andaina de Monte “Pozo do Demo”

Verín acollerá a décima edición da andaina de Monte ‘Pozo do Demo”, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O percorrido desta andaina é de 16 quilómetros, dificultade media, e a saída (ás 10.00 horas) terá lugar desde o Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada.


A andaina partirá do Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, tomarase a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estará ubicado o avituallamento. Despois seguirase a ruta Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición, para chegar finalmente o Pavillón Municipal de Deportes. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintad...