Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Mencía Suárez do Club de Volei Ribeira Sacra, convocada coa Federación Española

A xogadora infantil, Mencía Suárez Rodríguez, nacida en 2008 (infantil de primeiro ano, aínda quedaría un ano máis sendo infantil) foi seleccionada pola Real Federación Española de Voleibol para as xornadas de tecnificación e control enmarcadas no Plan 2025.





A súa adestradora, Laida Alvarado, está tamén moi orgullosa e contenta por Mencía, deséxalle que goce moito e aprenda moito máis dos técnicos da Federación Española que serán quen dirixa ditas xornadas.





Desde o club felicitan a Mencía e subscriben as palabras da súa adestradora, “sobre todo que goce da experiencia, aínda quedan moitos anos para seguir aprendendo e perfeccionándose no voleibol e que oxalá non sexa a última...