O deputado do BNG, Néstor Rego, reclamou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a mellora dos servizos ferroviarios na comarca das Mariñas mediante a modernización do trazado entre Ferrol e A Coruña e a construción do baipás de Betanzos.
Propoñen tamén nun comunicado, recuperar apeadeiros abandonados como o de Guísamo ou o de San Pantaleón e aumentar as frecuencias. Todo para “implantar os servizos de proximidade ferroviarias na liña A Coruña-Ferrol, co obxectivo de dar un servizo de calidade á comarca das Mariñas, en detrimento do vehículo privado”.
Lembran que durante a viaxe entre A Coruñ...