Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O PP propón a creación dunha área de servizo para caravanas en Cervantes

O Grupo Municipal Popular de Cervantes defenderá no pleno do vindeiro mércores unha iniciativa de impulso ao turismo no municipio. Así, os populares proporán que o Concello estude a posibilidade de acondicionar unha área de servizo para caravanas co obxectivo de facilitar este servizo aos seus usuarios interesados en visitar Cervantes.


O voceiro popular, Javier Santín, explica que “o noso municipio non conta con este tipo de áreas habilitadas para as paradas técnicas de caravanas ou autocaravanas con servizos coma toma de auga, contedores do lixo e puntos de baleirado de augas, entre outros”.


O popular cre conveniente “aproveitar a inercia da revitalización do turismo en grandes espazos abertos ao aire libre e, polo tanto, do turismo na zona rural que xorde ...