Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Pontón presenta o 'goberno na sombra' do BNG: "Marcaxe estrita" á Xunta e "a cada crítica, unha solución"

O Bloque inspírase no parlamentarismo británico para constituír un gabinete con membros do seu grupo parlamentario que "achegue propostas estratéxicas e promova pactos de país" ao tempo que controla especificamente o labor de cada consellería. Reunirase "cada quince días" e prevé "percorrer o país" para "escoitar" e "explicar a nosa alternativa de goberno dende o primeiro minuto" da nova lexislatura