Segundo confirman a Europa Press fontes do Concello de Lugo, a rampla estivo operativa menos de dúas semanas porque a autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil vai desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Non entanto, a concesión é por 20 anos, polo que o acceso ao baño volverá o próximo ano.