Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

SENTIDO e SENSO

 

Son dúas
palabras moi próximas cuxa diferenza e semellanza se deben coñecer.



            SENTIDO, que deriva do verbo
“sentir”, conta coa avantaxe da súa existencia no castelán fronte a SENSO, que
provén do latín “sensus”, descoñecido por aquel pro existente noutras linguas
romances e inglés: senso (portugués), sens (francés), senso (italiano), sense
(inglés).



            O vocábulo SENSO está recollido polo
dicionario da RAG con estes tres significados: facultade mental pra razoar;
capacidade pra actuar...