Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Telmo Comesaña, activista da memoria histórica: "Foi angustioso crer que meu pai estaba no inferno"

O movemento memoralista homenaxeou o sábado Telmo Comesaña, presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, que o 15 de abril fixo 90 anos. Tiña dous cando asasinaron o seu pai, sindicalista de Alcabre, e na súa casa instalouse un silencio contra o que leva décadas loitando.