Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A actriz María Vázquez estará hoxe ás 20:30 horas en Codex Cinema

A actriz galega, María Vázquez, presentará hoxe ás 20:30 horas nos Codex Cinema a súa última película “Os pequenos amores”.


Vázquez ven de acadar o premio Mestre Mateo 2024 á mellor interpretación feminina protagonista por Matría. Por este mesmo filme, tamén estivo nominada aos premios  Goya na mesma categoría.


María Vázquez, ten unha longa carreira no sétimo arte, así como no teatro e na televisión e é unha das actrices galegas máis recoñecidas na actualidade.


Os pequenos amores, unha película dirixida por Celia Rico é un filme que aborda as relacións familiares a partir do reecontro dunha nai e unha filla, por mor dun accidente domestico que obriga a filla a coidar de nai.


 


 


La entrada