Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes a exposición Entroido “Mobiliario Vestido” de Piquico, Ángel Manuel Rodríguez Romero. Trátase dunha exposición de esculturas dos Entroidos de Galicia, que inclúe pezas do Entroido Ribeirao.





Diría o autor, Licenciado en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e profesor de instituto, que “os personaxes do Entroido non se disfrazan, vístense”; e así Piquico, conxuga o atávico da festa e a modernidade xogando cos personaxes do Entroido, elementos típicos e simbólicos como a mula, o oso,… O resultado, esculturas vestidas de mobilirario, como mesas, armarios, botelleiros, cadeiras, espellos,…


...