Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

"En política hai que ser valentes; viuse coas peonalizacións e agora, co carril bici aínda que o populismo dea rédito a curto prazo"

A socialista Lara Méndez é alcaldesa de Lugo dende hai seis anos. Tras dous anos á fronte dun goberno de coalición co BNG, asegura facer un “balance tremendamente útil” do labor do seu gabinete nun bienio irremediablemente marcado pola pandemia. A COVID-19, evidencia, fixo preciso adaptar e tomar medidas de urxencia, pero non obrigou, asegura, a mudar a “folla de ruta” dos grandes obxectivos do goberno local, baseados na “sostibilidade” e nas “oportunidades” económicas para a veciñanza, pero tamén máis “amable” urbanisticamente e na mobilidade.